▶️ Colaboramos coa Fundación CITIC Centro de Investigacion TIC - Universidade da Coruña, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a AXEGA no marco dun proxecto que permitirá mellorar a fiabilidade da transcrición de conversas co servizo de emerxencias do 112 de Galicia e recoñecer automaticamente o idioma. Trátase dunha das 12 propostas seleccionadas para participar na primeira contorna de probas de intelixencia artificial da Unión Europea. O noso papel consistirá na difusión entre as empresas tecnolóxicas de Galicia do coñecemento adquirido sobre como o Regulamento afectará ao desenvolvemento e posta en marcha de sistemas de IA. O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño Iglesia, manifestou que “este coñecemento tamén facilitará que a Xunta de Galicia poida asegurar un despregamento seguro da IA e, coa implicación do Clúster TIC, reducir as incertezas da empresas”. 👉 https://lnkd.in/d6QNGEn2
👉A Xunta de Galicia participa na primeira contorna de probas da Unión Europea para supervisar os sistemas de #intelixenciaArtificial 📞 Un proxecto para transcribir chamadas de emerxencias ao 112 é un dos 12 seleccionados para o primeiro sandbox asociado ao Regulamento europeo de #IA 🤝 A iniciativa galega conta coa nosa participación, a da Fundación CITIC, e a da Axencia Galega de Emerxencias, e coa colaboración do Clúster TIC Galicia. 🏆 A Xunta é a primeira administración pública que participa nunha experiencia piloto para asegurar o correcto cumprimento do Regulamento europeo de IA. ➕ Toda a información, neste artigo 👇