Como cada ano, desde o grupo de investigación Food and Health Omics organizamos a III Xornada Anual sobre Políticas Alimentarias, que terá lugar o venres 9 de maio na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense. Este ano a xornada está titulada "A industria alimentaria do futuro. Novos retos e tendencias de mercado". Un ano máis queremos que esta xornada sirva como foro de encontro e debate para todos os actores da industria alimentaria: estudantes, investigadores, administración pública e profesionais da industria agroalimentaria.
Este evento está organizado polo grupo de investigación Food and Health Omics e conta coa participación e a colaboración do Campus Auga Universidade de Vigo, en virtude do convenio asinado entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, e a Universidade de Vigo, con motivo da súa acreditación como Campus de Especialización do SUG para o período 2024-2027.
Todos aqueles que esteades interesados en asistir, tedes que cubrir antes do 4 de maio o formulario de inscrición, dispoñible a través do link: https://lnkd.in/gvaf5CJw. A participación nesta xornada é gratuíta pero é necesario formalizar a inscrición para emitir o correspondente certificado de asistencia.
Esperámosvos! 🤩 🔜