Facultade de Comunicación (UVigo) ha compartido esto
No seu momento, Ricardo Araújo e máis eu puxemos en marcha "Feito na Casa", unha newsletter ideada e promovida dende a Facultade de Comunicación (UVigo) da Universidade de Vigo. Nela falamos de cinema, series, campañas e outros contidos audiovisuais e publicitarios creados aquí, en Galicia, e na nosa lingua. Neste proxecto buscouse por en valor a riqueza e diversidade da nosa produción audiovisual e publicitaria, e ,sobre todo, o potencial de crear en galego. Agora todas as entregas están dispoñibles na web da Facultade, por se vos presta botarlle un ollo: https://lnkd.in/d-By2bgw Grazas á universidade por idear este tipo de proxectos, pero especialmente á Facultade (a que foi e segue sendo a nosa casa) por pensar en nós para traballar neles. E ,tamén, grazas a vos por ler e compartir! ✨