Lorenzana preside a toma de posesión do novo director da Axencia Galega da Industria Forestal 👉 A conselleira de Economía e Industria puxo en valor a experiencia tanto técnica e forestal como desde o punto de vista de xestión de Alfredo Fernández Ríos, novo responsable da XERA 🔗 https://lnkd.in/dKq6Pa7t
Galicia Crece
Administración pública
Perfil oficial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia
Sobre nosotros
Páxina oficial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia
- Sitio web
-
https://economia.xunta.gal
Enlace externo para Galicia Crece
- Sector
- Administración pública
- Tamaño de la empresa
- De 201 a 500 empleados
- Sede
- Santiago de Compostela
- Tipo
- Agencia gubernamental
Ubicaciones
-
Principal
Santiago de Compostela, ES
Actualizaciones
-
Xunta e Clúster TIC avanzan na elaboración do Plan director da industria das TIC ➡️ A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e o presidente do Clúster TIC Galicia, asinaron un convenio de colaboración ➡️ Este plan súmase ao da automoción, o naval, o da industria metalmecánica, o sector forestal-madeira e o da loxística industrial 🔗 https://lnkd.in/dQqng-UP
-
-
Lorenzana destaca o impacto positivo que vai ter na industria a nova planificación eólica e as medidas da Xunta para o abaratamento da enerxía ➡️ “Para que a industria se siga desenvolvendo na Comunidade e para que sexamos quen de seguir atraendo novos investimentos, temos que ser capaces de ofrecer uns custos enerxéticos competitivos e ter unha rede de transporte eficaz que satisfaga as necesidades tanto de consumo como de evacuación que teñen os distintos proxectos”, subliñou a conselleira de Economía e Industria no acto de promoción da 4ª edición da feira Mindtech 2025 ➡️ Cualificou a feira Mindtech como “unha oportunidade moi grande de demostrar a importancia da industria do metal, da innovación e o potencial industrial que ten Galicia” e destacou que o Plan director do sector da automoción prevé un investimento de 230 M€ ata 2027 🔗 https://lnkd.in/dFidudDn
-
-
Lorenzana destaca que Galicia quere ser un modelo a seguir no despregamento das enerxías renovables en España 👉 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou o Centro de Control de Renovables de Naturgy, situado na Coruña, onde subliñou que o potencial de Galicia para liderar a transición enerxética demóstrano os datos, ao ser a terceira comunidade autónoma en España coa cota de xeración renovable máis alta (17.987 GWh producidos en 2023); e tamén o feito de contar cun modelo propio sustentado na Lei de recursos naturais 🔗 https://lnkd.in/dmMTBER2
-
-
Lorenzana avanza que a partir deste mércores poderán solicitarse as axudas da Xunta para a compra de vehículos eficientes 🚗 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, presentou en Ourense, xunto con representanes de Faconauto, a nova convocatoria do programa ‘Renova o teu vehículo’, que conta cun orzamento de 3,1 M€ e subvenciona a compra de turismos e furgonetas cun custo inferior ou igual a 42.000 €, que se amplía a 47.000 € para vehículos eléctricos cunha autonomía maior a 30 km en modo eléctrico e, como novidade, en 6.000 euros máis, cando se trate dun vehículo adaptado para a condución de persoas con discapacidade ou se dispón de oito ou nove prazas 💶 A contía das axudas oscilará entre os 3.000 e os 4.000 euros segundo os niveis de emisións; a Xunta achega 2.000 ou 3.000 euros, en función do modelo, e o concesionario 1.000. A cantidade increméntase nun 20 % para as familias numerosas, polo que os apoios poden acadar os 3.400 e 4.600 euros ♻️ Prevese apoiar a renovación duns 1.400 vehículos, que mobilicen 34 M€ de investimentos directos e xeren aforros enerxéticos equivalentes a 300.000 litros de gasóleo ao ano, e económicos de 450.000 euros anuais. Un requisito imprescindible é que o comprador acredite a baixa definitiva de circulación dun vehículo a achatarrar, matriculado en España, de polo menos 10 anos de antigüidade se se trata dun turismo e, de cinco, se son furgonetas 🔗 https://lnkd.in/datDw8Q6
-
-
Lorenzana anima ás empresas galegas a diversificar mercados e explorar as oportunidades de negocio que ofrece o sector da seguridade e a defensa ➡️ A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou as instalacións da empresa Marine Instruments, da que destacou a aplicación que fan da tecnoloxía ao medio mariño a través de distintos produtos e servizos ➡️ Puxo en valor a tecnoloxía e a innovación como unha parte fundamental para o crecemento das empresas e lembrou que o Igape publicou esta mesma semana o primeiro paquete de axudas para fomentar a innovación do tecido produtivo galego con máis de 15 millóns de euros 🔗 https://lnkd.in/dHHcrWav
-
-
Lorenzana celebra encontros co sector da automoción para dar a coñecer a nova liña de apoios convocada pola Xunta por importe de 14 M€ 👉 A conselleira de Economía e Industria mantivo unha reunión de traballo con responsables de Gestamp, firma especializada en deseño, desenvolvemento e fabricación de compoñentes metálicos para o automóbil, cos que analizou a situación desta industria e coñeceu o plan de futuro da planta viguesa 🔗 https://lnkd.in/dKY_PPN9
-
-
📍 Por primeira vez, as axudas do Igape para pemes e autónomos estarán dispoñibles xa desde este mes de xaneiro, con case 173 M€ 👉 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, explicou que son un total de 15 liñas que, publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe luns e mañá martes, se convocan a principios de ano co obxectivo de facilitar aos interesados que poidan planificar con antelación as súas necesidades de financiamento e coñecer os apoios públicos dos que van dispoñer 🔗 https://lnkd.in/dfXY_d96
-
-
Lorenzana avanza axudas por importe de 14 M€ para impulsar a innovación e a dixitalización do tecido produtivo de Galicia ➡️ Como novidade, estes apoios inclúen máis de 10 millóns para fomentar o uso da Intelixencia Artificial (IA) nas empresas ➡️ A conselleira de Economía e Industria, que visitou as instalacións do novo centro loxístico de Krack en Cerdedo-Cotobade, insistiu na importancia de continuar apoiando a aquelas compañías que queren seguir medrando na Comunidade 🔗 https://lnkd.in/dD7ybdcD
-
-
Lorenzana anuncia unha nova convocatoria de axudas por importe de 7,5 M€ para reducir a factura eléctrica das empresas galegas ➡️ A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou en Vigo as instalacións do novo centro Atendo Senior Living onde apuntou que a convocatoria de apoios que se publica hoxe no DOG inclúe, como novidade, a ampliación do prazo de presentación de solicitudes, que pasa de dous a oito meses e incorpora a posibilidade de subvencionar instalacións novas ➡️ A titular en materia económica do Goberno galego animou a todos os empresarios que precisen facer unha reforma no ámbito da eficiencia enerxética a presentar a súa solicitude e asegurou que para a Xunta "é moi importante ver que as axudas están chegando aos empresarios” 🔗 https://lnkd.in/dNF4YcS3
-