#LunsdoAteneo O vindeiro 21 de abril teremos unha nova conferencia para conmemorar o Ano Castelao, onde o Historiador Miguel Anxo Seixas, Presidente da Fundación Castelao, explorará a dimensión artística deste polifacético referente galego. Baixo o título «Castelao: escritor e artista», o acto terá lugar, como todos os luns, ás 19.30h en Afundación (Rúa do Vilar, 19). https://n9.cl/a52bc
Ateneo de Santiago
Organizaciones comunitarias y sociales
Santiago de Compostela, Galicia / Galiza 162 seguidores
Unha asociación cultural aberta, sen ánimo de lucro e cunha ampla oferta cultural.
Sobre nosotros
Unha asociación cultural aberta, sen ánimo de lucro e cunha ampla oferta cultural.
- Sitio web
-
http://www.ateneodesantiago.gal
Enlace externo para Ateneo de Santiago
- Sector
- Organizaciones comunitarias y sociales
- Tamaño de la empresa
- De 2 a 10 empleados
- Sede
- Santiago de Compostela, Galicia / Galiza
- Tipo
- Asociación
Ubicaciones
-
Principal
Praza de Salvador Parga
Santiago de Compostela, Galicia / Galiza 15704, ES
Empleados en Ateneo de Santiago
Actualizaciones
-
#LunsdoAteneo Este próximo luns a partir das 19.30h en Afundación (Rúa do Vilar, 19) conmemoramos o Día das Artes Galegas 2025 cunha conferencia titulada «Isaac Díaz Pardo, o pintor que non quixo pintar», do Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo. https://n9.cl/hrbbl8
-
-
#Presentación Esta tarde a partir das 19.30h teremos en Afundación (Rúa do Vilar, 19) a presentación do libro «El tiempo es oro: economía política del nanosegundo», de Xosé Carlos Arias, Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo. A entrada será libre ata completar a capacidade. https://n9.cl/46klt
-
-
#CINEDUCA Mañá, mércores 2, celebraremos ás 19h en Afundación (Rúa do Vilar, 19) o acto de clausura da IV Mostra Internacional de Cine e Educación, coa entrega do Premio CINEDUCA e a visualización dos traballos premiados: - «Soños para levar. Unha historia chea de historias» do CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas - «65 TONELADAS» do IES Poeta Añón de Outes - «El número 23» do IES A Pinguela de Monforte de Lemos A entrada será libre ata completar o aforo. https://n9.cl/n5pem
-
-
#LunsdoAteneo A conferencia deste próximo luns 31, organizada en conxunto coa Real Academia Galega de Ciencias - Galician Royal Academy of Sciences, achegaranos á figura de Fernando Calvet, pioneiro da bioquímica e promotor da biotecnoloxía en Galicia. Será, como todas as semanas, ás 19.30h en Afundación (Rúa do Vilar, 19) da man do catedrático en Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Freire. https://n9.cl/vy9r0
-
-
#CINEDUCA A vindeira semana poñemos fin ás nosas proxeccións en Afundación (Rúa do Vilar, 19) con dous filmes españois. O martes ás 19h será a quenda de «No mundo a cada intre», presentado pola Decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Mar Lorenzo. E o mércores á mesma hora emitiremos o filme «O mestre que prometeu o mar», presentado pola catedrática de instituto, Maricarmen Sánchez. https://n9.cl/0dcpi
-
-
#LunsdoAteneo Este próximo luns ás 19.30h teremos unha mesa redonda en Afundación (Rúa do Vilar, 19). Nesta ocasión, formará parte da nosa IV Mostra Internacional de Cine e Educación #CINEDUCA e levará por título «Cine, educación e cidadanía». Os participantes serán o cineasta Marcos Galleo; a profesora do IES Félix Muriel de Rianxo, Sofía Rama; e o cineasta e formador, membro da asociación portuguesa AO NORTE de Viana do Castelo, Felipe Guerra. https://n9.cl/kizmq
-
-
#CINEDUCA A vindeira semana continuamos a nosa IV Mostra Internacional de Cine e Educación coa proxección de dous filmes franceses: O martes «Unha razón brillante» de Yvan Attal, presentada polo Licenciado en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidad Carlos III de Madrid, Luis Trillo. E o mércores «Adeus, rapaces» de Louis Malle, comentada polo Catedrático de Literatura Española e Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, José Manuel González Herrán. Ambas as dúas películas emitiranse ás 19h en Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) con entrada libre ata completar a capacidade da sala. https://n9.cl/0dcpi
-
-
#LunsdoAteneo Este próximo luns 17 o Catedrático de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela, José Antonio Caride Gómez, impartiranos unha conferencia titulada «Educar en cidadanía: un compromiso co futuro» dentro da cuarta edición da Mostra Internacional de Cine e Educación #CINEDUCA. Agardámosvos a partir das 19.30h en Afundación (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela). https://n9.cl/td7i9
-
-
#CINEDUCA A vindeira semana inauguramos a IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) coa proxección de dúas películas en Afundación (Rúa do Vilar, 19) ás 19h. A primeira delas, «Amal», emitirase o martes e estará presentada polo profesor de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, Xose Armas. E o mércores proxectaremos «Esta terra é miña», presentada por Antón Porteiro, Ex-Asesor Técnico na Consellería de Educación. https://n9.cl/0dcpi
-